Do Bacharelato á Universidade

O curso está a piques de rematar… sabes xa o que farás o curso que vén??

Hoxe presentamos unha web que che pode axudar a tomar a decisión máis axeitada:

Captura de pantalla da aplicación bacharelato.ga

Bacharelato.ga

O sitio en cuestión consiste nunha aplicación web que recopila e ofrece información sobre as titulacións de grao ofrecidas nas universidades galegas, número de prazas, notas de corte, materias que ponderan na ABAU, etc.

A aplicación é o resultado dun proxecto desenvolvido durante este curso na asignatura de TIC de 2º de Bacharelato do IES Chan do Monte a partir dos datos ofrecidos pola CIUG. Está orientada ao alumnado que está cursando bacharelato, especialmente o segundo curso, pero tamén é útil para para cursos inferiores, como 1º de BAC ou 4º da ESO, ou para quen xa está na universidade.

Trátase dun proxecto aberto que pretendemos actualizar cada curso. Se detectas algún erro ou tes algunha proposta para melloralo, non dubides en contactar con nós!

Actividades sobre Feminismo no IES Chan do Monte

Charla Iniciación al FeminismoOnte remataron as actividades sobre igualdade organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato do IES Chan do Monte de Marín.

Ditas actividades comezaron o pasado venres cunha charla  de título “Iniciación ao Feminismo” impartida pola asociación Espazo Feminista Marín.

A sesión, de hora e media de duración e celebrada no Salón de Actos do instituto, estivo dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato, e a ela asistiron preto de 100 persoas entre alumnado e profesorado.

A continuación ofrecémosvos unha galería de fotos do evento:

O resto de actividades programadas tiveron lugar onde martes. O principal foi o Obradoiro de Autoprotección Feminina impartido por persoal de Asociación Española de Defensa Personal, con sede en Pontevedra.

Na actividade, que tivo lugar no ximnasio do centro, participaron máis de 50 rapazas dos cursos de 3º e 4º da ESO e Bacharelato. Ao longo de 3 horas 5 instrutores de Odisea Krav Maga ensinaron ás rapazas diversas técnicas de autoprotección para defenderse ante posibles agresións machistas.

Mentres tanto os rapaces tiveron unha sesión formativa e de sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, na que utilizáronse diversos materiais tamén elaborados polo alumnado de bacharelato xunto con xogos e contidos audiovisuais creados por outros centros educativos galegos.

Deixámosvos para rematar cunha nova galería de fotos sobre a xornada de autoprotección (e próximamente tamén vídeos!):