Acerca de…

IES Chan do MonteEsta web xurde orixinalmente como unha actividade colaborativa da materia de TIC de 2º de bacharelato do IES Chan do Monte durante o curso 2017-18.

A finalidade inicial é a de servir de ferramenta didáctica para traballar a publicación e difusión de contidos en Internet, como parte do currículo da materia, pero co tempo o seu uso extenderase á publicación e difusión de proxectos propios e de todo tipo de contidos de interese para o alumnado de bacharelato, a comunidade educativa e a sociedade en xeral.