Onte remataron as actividades sobre igualdade organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato do IES Chan do Monte de Marín.
Ditas actividades comezaron o pasado venres cunha charla de título “Iniciación ao Feminismo” impartida pola asociación Espazo Feminista Marín.
A sesión, de hora e media de duración e celebrada no Salón de Actos do instituto, estivo dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato, e a ela asistiron preto de 100 persoas entre alumnado e profesorado.
A continuación ofrecémosvos unha galería de fotos do evento:
O resto de actividades programadas tiveron lugar onde martes. O principal foi o Obradoiro de Autoprotección Feminina impartido por persoal de Asociación Española de Defensa Personal, con sede en Pontevedra.
Na actividade, que tivo lugar no ximnasio do centro, participaron máis de 50 rapazas dos cursos de 3º e 4º da ESO e Bacharelato. Ao longo de 3 horas 5 instrutores de Odisea Krav Maga ensinaron ás rapazas diversas técnicas de autoprotección para defenderse ante posibles agresións machistas.
Mentres tanto os rapaces tiveron unha sesión formativa e de sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, na que utilizáronse diversos materiais tamén elaborados polo alumnado de bacharelato xunto con xogos e contidos audiovisuais creados por outros centros educativos galegos.
Deixámosvos para rematar cunha nova galería de fotos sobre a xornada de autoprotección (e próximamente tamén vídeos!):